Saturday 27 de April de 2024

O concello mellora a rede viaria no Igrexario de Golmar e no núcleo dos Meáns de Vilaño


O investimento total supera os 40.000 euros.

O Concello ten na última fase de execución o proxecto de mellora da rede viaria que afecta ao Igrexario de Golmar e ao núcleo de Os Meáns en Vilaño.

No Igrexario a intervención consistiu na renovación do firme cunha nova superficie de rodadura, ademais da limpeza das cunetas e o acondicionamento dos bordes. A intervención concluirase coa sinalización horizontal da vía para aumentar a seguridade.

Paralelamente, tamén no Igrexario de Golmar estase levando a cabo outra intervención diferenciada consistente na ampliación da rede de abastecemento de auga para completar a cobertura na totalidade das vivendas dese núcleo de poboación. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito, acudiron a ese lugar para comprobar o resultado dos traballos que se están a levar a cabo.

En canto a intervención en Os Meáns, consistiu na mellora do firme para facilitar o tránsito de peóns e vehículos na estrada dese núcleo da parroquia de Vilaño.

O investimento total supera os 40.000 euros.